Feijóo desata a polémica na chegada de ‘A derradeira leición do mestre’: “Somos a Galicia que soñaba Castelao”

O Presidente de Xunta evita facer mencións sobre a represión franquista. Así foi a polémica intervención de Feijóo no primeiro acto oficial da obra de Castelao

“É un símbolo, unha homenaxe aos mestres”, “Defensa da educación sen fanatismo”, “Somos a Galicia que soñaba Castelao”… nin unha soa mención á represión franquista no acto oficial de desembalaxe de ‘A Derradeira leición do mestre’ de Castelao na Cidade da Cultura.

O presidente da Xunta de Galicia esqueceu , na presentación do cadro os motivos polos que se pintou unha das obras fundamentais da pintura galega. Núñez Feijóo non quixo pronunciar palabras como asasinato, fusilamento, represión, cunetas.

‘A derradeira leición do mestre’ vé a luz no noso País por primeira vez na Cidade da Cultura pero a súa chegada semella amplificar as críticas pola “ocultación e a manipulación” da obra de Castelao.

Castelao reabre o debate da memoria histórica

Cómpre lembrar que Castelao pintou na capital arxentina, en 1945, A derradeira leición do mestre—baseado na estampa nº 6 do seu libro Galicia mártir— en homenaxe ao seu amigo e intelectual Alexandre Bóveda, fusilado o 17 de agosto de 1936. ‘A derradeira lección do mestre’, polo tanto, retrata o asasinato de Bóveda e o intento de aniquilar o nacionalismo

- Publicidade -