Os ecos do ‘Brexit’ chegan a Galicia. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, expuxo nun acto celebrado polo Foro Galego do Brexit os grandes obxectivos do país por mor do proceso de desconexión do Reino Unido. Feijóo critica as posturas “euroescépticas” e fai un chamamento ao “europeísmo emocional”, ao tempo que propón a creación dun tratado de libre comercio para que arredor de 110 buques galegos podan seguir operando en augas británicas.
Máis dun cento de buques galegos opera hoxe en augas británicas
Por outra banda, o presidente galego asegurou tamén que pulará por que Galicia siga a percibir as subvencións europeas procedentes dos fondos FEDER e a PAC —Política Agraria Común—, co gallo de compensar o “cambio demográfico” que está a atravesar actualmente o país.
Negociacións do ‘Brexit’
Neste evento participou tamén o embaixador permanente do Estado español ante a UE, Pablo García-Berdoy. O diplomático incidiu na importancia de negociar o proceso do ‘Brexit’ con “firmeza” e a “unidade” dos outros 27 Estados membros.