“Feijóo debe explicar por que o delegado do Goberno lle enviou as fotos con Marcial Dorado”

Gonzalo Caballero recrimina ao presidente da Xunta a súa arrogante resposta á prensa ao ser preguntado por este asunto

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, acusa a Núñez Feijóo de non aclarar quen e por que lle notificou a existencia das fotografías no iate do narcotraficante Marcial Dorado. Ao ser preguntado por esta cuestión nunha rolda de prensa ofrecida este xoves, o presidente da Xunta respondeu con arrogancia: “Cando teñan vostedes un programa en LaSexta igual lles contesto”.

- Publicidade -

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego