Feijóo cuestiona se o BNG está do lado dos maltratadores ao pedir este partido máis medios para a loita contra o machismo

Feijóo ao BNG: “Entre asasinos e maltratadores, e vítimas, de que lado están?”

Poucos días faltan para que o 25N, data sinalada como o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Na quenda de preguntas ao presidente da Xunta o BNG, a través da súa portavoz nacional Ana Pontón, preguntoulle a Feijóo as razóns polas que non se trata o mesmo este terrorismo que outros tipos de violencia.

- Publicidade -

Pontón propón a Feijóo aumentar os recursos contra a violencia machista ata os 90 millóns de euros

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, explicou ao remate da súa intervención que a resposta da Xunta a este problema non está acorde coa gravidade do mesmo e propón un maior investimento para ter máis recursos.

Que pasaría se en 10 días asasinasen a 4 deputados e tentasen asasinar a outros 3?

Pontón concretou os recursos en crear unha unidade especial dentro da Vicepresidencia encargada de facer cumprir a Lei galega contra a violencia de xénero na Xustiza. A portavoz nacionalista anunciou que presentará unha petición de amparo á mesa do Parlamento en relación á intervención do presidente da Xunta, quen pechou a súa réplica preguntando a portavoz nacional do BNG se estaba do lado da vítima ou do agresor, interpelación que Pontón cualificou de “indecencia política”.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego