O presidente da Xunta compareceu no Parlamento galego para falar da vaga de lumes que sufriu Galicia hai uns días. Na súa comparecencia presentou varias medidas que porá en marcha o goberno galego e reiterou a acusación de que hai terroristas incendiarios.
Feijóo asegura no @Par_Gal que “prenderlle lume a Galicia sae moi barato” pic.twitter.com/EraQXyHPru
— Nós Televisión (@NosTelevision) 7 de noviembre de 2017
A oposición pide cambios na política forestal da Xunta e esixe responsabilidades
A portavoz nacional do BNG criticou a actitude do goberno de Feijóo e as actuacións que se fixeron a fin de semana de maior incidencia dos lumes.
.@anaponton: “Galiza quéimana os incendiarios, pero tamén as políticas pirómanas do PP” #ArdeGalicia #TramaLume pic.twitter.com/dagKodqi8n
— Nós Televisión (@NosTelevision) 7 de noviembre de 2017
Pola súa banda, o portavoz de EnMarea no parlamento galego cargou contra as decisións do goberno de Feijóo como a de non querer renovar ás brigadas forestais cando todo indicaba que poderían ser necesarias.
.@VillaresLuis: “En Galiza é máis fácil abrir unha explotación mineira que renovar a un axente forestal” #TramaLume #ArdeGalicia pic.twitter.com/EmX3GneEWD
— Nós Televisión (@NosTelevision) 7 de noviembre de 2017
Leiceaga tamén acusou a Feijóo de crear as condicións para que houbera unha catástrofe. O voceiro parlamentario socialista coincidiu como o resto da oposición en sinalar ao presidente da Xunta como responsable do que aconteceu coa vaga de lumes en Galicia.
.@Leiceaga_PSdeG, acusou a Feijóo de acusou a Feijóo de favorecer as condicións para que houbera unha catástrofe no Monte #TramaLume pic.twitter.com/B8cnweGUi0
— Nós Televisión (@NosTelevision) 7 de noviembre de 2017