Feijóo comprométese a optimizar os prazos da futura intermodal da Coruña

Tralas críticas dos últimos días, o Presidente da Xunta lamenta os retrasos e compromete a "recuperar o tempo perdido"

Tralas reiteradas queixas manifestadas durante os últimos días na Coruña, o conflito semella desbloquearse trala celebración da xuntanza mantida hoxe entre Xulio Ferreiro e Feijóo. Ao longo desta mañá, o responsable autonómico lamentou os atrasos ante as discrepancias co Concello, e trasladou tres propostas: pechar o convenio canto antes, concretando as responsabilidades de cada Administración e cun investimento da Xunta de 15 millóns de euros; licitar posteriormente o proxecto básico; e valorar para “gañar uns meses” a posibilidade de tramitar a intermodal pola Lei de obras de interese público ou por unha modificación puntual do PXOM.

Ademais, o alcalde referiuse tamén á tramitación da construción da nova estación de autobuses, que depende da Xunta de Galicia, no marco da intermodal, “un proxecto vital para a cidade da Coruña e para o que sería importantísimo que fixásemos un horizonte temporal o máis axustado posible dentro do realismo”.

Deste xeito, Ferreiro manifestou que o acordo acadado co presidente do Goberno galego pasa por buscar o “mecanismo de tramitación urbanística máis sinxelo que permita acelerar prazos” para o inicio da súa construción, que a Xunta, a través da conselleira de Infraestruturas, situou entre 2022 e 2023.

- Publicidade -