A actualidade manda máis que os problemas do país. Deste xeito pódese resumir unha importante parte do discurso do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo que comezou e rematou facendo á sociedade catalá que quere decidir o seu futuro.
Polo medio alusións triunfalistas e promesas como a da rebaixa de impostos ou o aumento das prazas públicas de emprego e un anuncio de que está disposto a modificar leis par blindar o poder das maiorías.
E…Galicia?
Non faltaron alusións á chamada turismofobia e botou man do vindeiro Xacobeo para falar de grande posibilidade para o país. No tema de infraestruturas chegou a acusar ao concello da Coruña do retraso da Estación Intermodal e asegurou que hoxe hai máis dependentes atendidos que antes da crise.