Feijóo, agora si, fala de Bóveda: “O seu asasinato foi atroz”

Tralas críticas recibidas ao longo destas últimas xornadas, o Presidente da Xunta quixo rectificar as súas torpes palabras

Nun discurso máis medido e calibrado, o Presidente da Xunta si quixo referirse ao asasinato de Alexandre Bóveda na inauguración da exposición ‘Castelao maxistral’. Acompañado pola filla de Bóveda e outros familiares, Feijóo quixo referirse ao asasinato do político do Partido Galeguista como “atroz”. Tanto o del como o de “outros moitos”. “Quixeron matar a un galeguista que nunca compartiu o totalitarismo dos seus verdugos” indicou na mañá de hoxe o propio Feijóo.

- Publicidade -

“Unha memoria inclusiva e non excluínte”

No seu discurso, o Presidente da Xunta quixo avogar pola chamada “memoria non excluínte” que, segundo as súas propias palabras, “evite trasladar ao presente querelas que xa foron superadas pola nosa sociedade”. Non reabrir as feridas. Así mesmo, salientou que dentro da derradeira leición do mestre hai outra que é a capacidade dos pobos coma o galego para desterrar esa maldición e emprender un camiño xuntos.

Se ben na rolda de prensa da Xunta de Goberno de onte o Presidente da Xunta xa moldera máis o seu discurso ante as críticas; Feijóo xa anunciara que no seu discurso de hoxe que daría conta da realidade que se agocha detrás do cadro, desta volta; quixo referirse en varias ocasións aos elementos omitidos no seu discurso do pasado mércores. Desta volta, Feijóo quixo retficiar e vincular o cadro de Castelao aos “horrores” da Guerra Civil.

Máis críticas nas redes sociais

Ao mesmo tempo que Feijóo realizaba o seu discurso, unha iniciativa nas redes sociais continuaba manifestando o seu malestar coa manipulación inicial de Feijóo baixo o cancelo  e, en Pontevedra, o ilustrador gráfico Kiko da Silva desenvolvía o seu propio acto de protest.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego