Feijóo: “A moción é irresponsable porque o Goberno español non é un bar en subasta”

O presidente galego sae en defensa de Mariano Rajoy, a quen considera o único líder político "centrado" e "tranquilo"

Este xoves debatirase no Congreso dos Deputados a cuarta moción de censura presentada dende a Transición e, desta volta, semella que podería converterse na primeira en saír adiante. Esta situación fixo saltar as alarmas dentro do PP, e as súas cabezas máis visíbeis apresúranse en saír en defensa de Mariano Rajoy. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, cre que o actual líder do Goberno central non dimitirá porque é o único político “tranquilo” e “centrado” nas súas competencias.

- Publicidade -

Feijóo emprega como argumento para rexeitar a consulta que a situación económica “empeorou” dende o anuncio da moción e a poboación é agora “máis pobre” que a pasada semana”. Asemade, acusa a Sánchez de “pór en subasta” o Goberno.

Cataluña

A diferenza do seu discurso no tocante á situación de Cataluña, o presidente galego pide agora “respecto” polas urnas para, deste xeito, manter a Rajoy no poder. Pola súa banda, Esquerra e o PDeCAT “perdoan” ao PSOE o seu apoio á aplicación do artigo 155, xa que consideran “prioritario” botar a Rajoy da Moncloa. Debido ao “si” dos nacionalistas cataláns, todo indica que o PNV seguirá o mesmo camiño e permitirá a Sánchez tomar o control.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego