Home Víchelo? “A fauna salvaxe? A Xunta mira cara outro lado”

“A fauna salvaxe? A Xunta mira cara outro lado”

0
“A fauna salvaxe? A Xunta mira cara outro lado”

Mercedes Ferreiro é unha gandeira que viven en Lourixe (San Cosme de Nete, Vilalba, Lugo). Mercedes compartiu con nós a problemática da convivencia co xabaril e os estragos que este animal causa na súa granxa dende hai anos.

Así, en Nete é imposible cultivar millo, as praderías aparecen dun día para outro convertidas en trolleiros, e a Xunta de Galicia segue mirando cara a outra banda.