Home Programas Espazo Aberto Fanbest, un proxecto para impulsar a economía do mar da área Atlántica

Fanbest, un proxecto para impulsar a economía do mar da área Atlántica

0
Fanbest, un proxecto para impulsar a economía do mar da área Atlántica

A Univesidade de Santiago de Compostela é unha das participantes no proxecto Fanbest. Trátase dun proxecto financiado pola Unión Europea que nace para buscar ferramentas de financiamento para a “economía azul”. O profesor da facultade de Economía, Davide Rodeiro, explica que “Galicia é unha potencia na economía mariña” pero que ás veces faltan as ferramentas para impulsala.

A USC é unha das moitas entidades que participan, procedentes todas elas de diferentes países da área atlántica. Os obxectivos que perseguen son acadar as duascentas empresas e que estas sexan empresas nas que a muller e as accións sostibles teñan un espazo importante. Tamén teñen como espectativa chegar a poder crear unha gran rede de financiadores.