O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañado de Pablo Díaz e Olga Kirk, presentou en rolda de prensa unha nova actividade do programa “FalaRedes” que este ano levará o proxecto “Tic Tac Toc” de Pablo Díaz a dezanove concellos da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia.
Este espectáculo de “FalaRedes” iniciará a súa andaina o sábado 25 na Estrada ás 12:30 horas, no Teatro Principal para logo viaxar a Narón, Verín, Vilalba, Boqueixón, Palas de Rei, Celanova, Barbadás, Outeiro de Rei, Burela, O Grove, Ponteareas, Outes, Boiro, O Carballiño, A Cañiza, A Laracha, Betanzos e rematará cun concerto especial en Santiago de Compostela.
.@Falaredes Na presentación da última actividade de @Falaredes tamén estivo @valentin_garci https://t.co/ynFTVp3uNH pic.twitter.com/ON8jwYboW2
— Nós Televisión (@NosTelevision) 24 marzo 2017