Hoxe, 21 de febreiro, celébrase o Día Internacional da Lingua Propia, unha conmemoración nada en 1999 da man da Unesco na busca da promoción da diversidade cultural en Occidente. A Mesa pola Normalización Lingüística vén de sumarse á iniciativa cun chamamento á transmisión da lingua galega, un elemento fundamental para garantir o futuro do noso idioma.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Os últimos datos do Instituto Galego de Estatística indicaban que o 24 por cento da mocidade galega menor de 15 anos non sabe falar a lingua galega e case a metade só usan castelán.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -