
Estados Unidos. Anos 30. Sobre os paralelismos entre aquel contexto e a Galiza actual xira o novo traballo de Ezetaerre. Aquel momento histórico que para os tres rapeiros galegos “garda moitos paralelismos coa situación sociopolítico actual”.
Ese paralelismo é o fío condutor dos 11 temas que compoñen o disco, que se presentará este venres 16 de novembro ás 20:00 horas Sala Numax de Santiago de Compostela, onde o grupo contará como xurdiu a idea de buscar inspiración nese momento de máxima tensión social que viviu o país norteamericano, para reinterpretar aquelas historias e adaptalas ao noso contexto.
Novas letras, novos ritmos e novas ideas, pero sempre baixo as tres consignas que os caracterizan: dignidade, solidariedade e humildade.