A exposición iFala estará este sábado en Compostela

O autobús iFala, iniciativa de Ora Galega e da Área de Cultura da Deputación da Coruña e que acolle unha exposición sobre as Irmandades da Fala. Estará mañá na Praza do Obradoiro.

Esta mañá tivo lugar a presentación desta actividade na Rúa do Vilar, diante do edificio onde Ánxel Casal tiña o prelo Nós. 

O autobús iFala iniciou a súa andaina o 21 de maio e xa visitou un total de 18 localidades galegas para difundir o legado das Irmandades da Fala.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego