As Festas do Apóstolo de 2018 chegan á súa fin, e o Concello de Santiago amósase satisfeito polo balance final que deixa tras de si o principal evento da cidade. A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, salientou hoxe que este “Apóstolo das Mulleres” estivo marcado pola “alta participación”, xa que acudiron varios milleiros de persoas ás diferentes actividades programadas.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Os concertos de Rubén Blades, Wolfmother e Rosalía na praza da Quintana foron os eventos máis multitudinarios, xa que cada un deles reuniu a preto de 5.000 asistentes. Novoneyra fai agora un chamamento a “reflexionar” sobre estas festas de cara ás vindeiras edicións.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -