
O concelleiro de Medio Ambiente, Xan Duro, visitou a illa de compostaxe de Galeras, que comeza dar os seus primeiros froitos trala súa estrea o pasado mes de abril. Neste punto da cidade colaboran preto de dezaseis familias, que xestionan o seu lixo orgánico co obxectivo de convertelo en compost para usos agrícolas e domésticos.
Éxito de participación no proxecto piloto de compostaxe comunitaria en Compostela pic.twitter.com/YRJJ6g7Pyk
— Nós Televisión (@NosTelevision) 21 de noviembre de 2017
Veciñas e veciños participantes piden exportar o proxecto piloto ao conxunto da cidade
Xan Duro destacou que o primeiro compost “presenta unha moi boa calidade para ser utilizado como abono”
O programa piloto de illas de compostaxe en Compostela comezou en abril coa apertura das instalacións de Galeras, Santa Marta e Salgueiriños. Seis meses despois, 116 familias sumáronse xa a esta iniciativa que pretende diminuír considerablemente as emisións de gases contaminantes provocadas polo lixo.
O Concello confía en instalar máis plantas de compostaxe no ano 2018 e extender esta práctica a toda a cidadanía.