O BNG revalida a súa maioría en Carballo ao tempo que baixan os apoios ao PP. Os resultados electorais nese municipio foron claros e contundentes, cunha mensaxe clara de aposta pola continuidade. A xestión do veterano nacionalista Evencio Ferrero foi pasiño a pasiño, como explica el mesmo a Nós Televisión.

A derrota cada vez máis evidente do PP, cuns números moi baixos e a perda dun concelleiro, non colle de novo a Evencio Ferrero. Para o alcalde nacionalista as propias actitudes actitudes dos populares ao longo destes anos e mesmo durante a propia campaña electoral non gustaron entre a poboación e moitos apoios caeron por esta circunstancia.

Non é o caso de Carballo mais agora a actualidade postelectoral está protagonizada polos pactos. Evencio Ferrero ten a súa propia receita logo de todos estes anos en política municipal.

O alcalde de Carballo salientou tamén a capacidade de rexeneración do propio BNG no municipio e as tarefas principais que ten por diante, entre elas esixirlle á Xunta que realice canto antes a tan solicitada circunvalación de vehículos pesados que está a crear verdadeiros problemas de seguridade no municipio.

- Publicidade -