Figuras da literatura galega como o presidente da Real Academia Galega ou o director da editorial Xerais participaron este luns do acto de presentación da obra ‘Homenaxe a Evaristo de Sela (1917 – 1994). Estudos e lembranzas sobre a vida e obra do helenista e poeta‘ que presentou a Secretaría de Política Lingüística. Valentín García destacou “a importancia do relevante helenista e latinista que se ocupou da tradución ao galego de textos literarios en lingua grega” como a Ilíada ou a Odisea.
De Sela tamén destacou como figura subversiva e de rebelión antifascista. Tras desertar do bando franquista, o autor foi encarcerado e condenado a cadena perpetua pasando por diversas prisións e campos de concentración. Un tradutor e un poeta, en definitiva, “da dignidade”.