
Conversamos coa dirixente de Esquerda Unida e deputada de En Marea no Parlamento Galego, Eva Solla, sobre a profunda crise que afronta a formación trala suspensión sine die das votacións. Así, a deputada de esquerdas lamentou diante das cámaras de Nós Televisión que o proceso que se vive está “desgraciadamente viciado” e censurou que existe unha “usurpación de funcións” por parte da dirección de En Marea e, especialmente, por Gonzalo Rodríguez, a cara visible neste conflto.
Esquerda Unida lamenta a “desinformación”
Ademais, desde Esquerda Unida veñen tamén de publicar un duro comunicado contra a dirección de En Marea por “someter ao espazo político” e por “lastrar” o proceso de unidade popular. Ademais, desde o comunicado tamén resaltan que a día de hoxe aínda se descoñecen os informes das auditorías internas e externas contratadas por En Marea así como o contido das súas resolucións.