A coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, presentou este xoves en rolda de prensa a candidatura de Esquerda Unida “A Esquerda con Forza” para as eleccións á presidencia da Xunta de Galicia coas candidatas e candidatos de Esquerda Unida nas catro provincias, “unha candidatura feminista e preparada para facer fronte aos dez anos de recortes da dereita”.
Respecto á presentación das listas, Solla fixo fincapé na importancia de “poñer en valor o feminismo”. “Todas as nosas candidaturas provinciais están encabezadas por mulleres”, destacou. De cara ao futuro, Solla sinala que “nos meses vindeiros traballaremos centradas en aspectos moi importantes para a nosa organización: a elaboración do programa electoral, o mantemento de xuntanzas e conversas con outras forzas políticas para reforzar a confluencia, como xa fixemos coa coalición En Común”.