Este mércores, a coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, aproveitou unha intervención ante a prensa para amosar o apoio da súa formación ás vítimas do accidente de Angrois de 2013. A deputada de En Marea afeou a PP e PSOE a demora na apertura da Comisión de Investigación dun suceso que a vindeira semana cumprirá cinco anos.
Eva Solla: “As vítimas de Angrois merecen xustiza”
A coordinadora nacional de Esquerda Unida afea a PP e PSOE a demora no comezo da Comisión de Investigación do accidente