Eva Solla: “A Xunta non debería ceder á chantaxe de Povisa”

A deputada de En Marea, Eva Solla, desconfía dos pasos que está a dar o hospital que pertence ao holding A Nosa Terra

A situación de Povisa, o único hospital privado do país cunha área de poboación de 137.000 personas, é preocupante. A responsable de Sanidade de En Marea cre que o anuncio da empresa de que entraba en preconcurso de acreedores forma parte dun método de presión coa Xunta de Galicia.

Segundo explica Solla, en 2015 a empresa volveu presentar 7,3 millóns de euros de beneficios e, o ano seguinte, máis de 16,7 millóns de euros de beneficios. “A pesar de gañar 75 millóns de euros, que lle pagamos todos os anos dende a sanidade pública, alega agora que ten problemas para pagar as nóminas”, sinala a deputada de En Marea.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

O hospital conta con máis de medio millar de camas e ten máis de 1.500 traballadores e traballadoras. As últimas informacións da negociación entre Sanidade e a empresa apuntan a que o Sergas proporía facerse cargo de parte dos gastos de farmacia do hospital, algo que para Povisa podería ser insuficiente.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -