Eva Solla: “A participación das mulleres non só é importante senón que é imprescindible”

A candidata de Esquerda Unida á Xunta considera que o principal é a mellora do emprego

“Creo que as mulleres feministas que militamos en partidos políticos levamos moitos anos entendendo que había que cambiar moitas cousas”, sostén Eva Solla mentres sorrí. A candidata de Esquerda Unida á Xunta aposta pola forza dos feminismos galegos e as portas que esa mesma forza é capaz de abrir dentro dos partidos políticos. “A participación das mulleres non só é importante senón que é imprescindible“, puntualiza.

- Publicidade -

A victora popular no caso da reapertura do paridoiro de Verín para Solla é unha mostra do poder do feminismo galego, da loita pola sanidade pública e da defensa dun rural cada vez máis danado. De cara ás eleccións galegas do 5 de abril, a candidata de Esquerda Unida chama á responsabilidade política ante a posibilidade de botar de San Caetano a Alberto Núñez Feijóo.

Nese camiño, considera que o goberno de coalición en Madrid, que conta coa participación de Izquierda Unida, é unha oportunidade. “O traballo dende os “nosos” ministerios é o máis relevante nestes momentos, o de Traballo e o de Consumo”, indica. Por último, Eva Solla recoñece que “a nivel persoal o 90 por cento das horas téñoas ocupadas de cara o traballo deste proceso electoral“.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego