A Galipedia coloca ante nós unha nova actividade para facer máis levadeiro este tempo de confinamento: aumentar o número de contidos desta Wikipedia en galego. A Galipedia ten integrado un tradutor automático polo que único que cómpre facer é amañar os erros que comete o tradutor. “E non te preocupes polo formato e os erros de formato que dea o artigo, ti esfórzate en revisar a tradución, publica o artigo, e despois apúntao na parte de abaixo desta páxina. Eu irei amañando os erros de formato e engadindo os modelos que falten”, sosteñen dende a propia Galipedia. “E por suposto, se queres mellorar o artigo por ti mesmo, podes seguir traballando nel así que estea na Galipedia”. Así que se es das que buscan que facer nestes tempos de quedar na casa, podes contribuír á expansión da Galipedia aquí.
Home Espazo Aberto Cultura #EuTraduzoNaCasa, o chamamento da Galipedia para aumentar os contidos en galego