Home Programas Espazo Aberto Euskadi e Catalunya critican o nulo apoio do Estado español á difusión das súas linguas oficiais

Euskadi e Catalunya critican o nulo apoio do Estado español á difusión das súas linguas oficiais

0

O Foro de Debate sobre a Carta Europea das Linguas Miniritarias e Rexionais reuniu estes días en Compostela a destacados especialistas e responsables lingüístico de todo o Estado. Cando se cumpren 25 anos da súa aprobación e 15 da sinatura e aceptación por parte de España o seu cumprimento está moi lonxe de ser realidade.

Neste foro participaron os responsables da promoción internacional do éuscaro e o catalán, a Directora para a Promoción e Difusión do Euskera do Instituto Vasco Etxepare, Garbiñe Iztueta Goizueta e Director do Institut Ramón Llull, Manuel Forcano. Ambos explicaron cal é a situación actual dos seus respectivos idiomas.

O Institut Ramón Llull creouse no ano 2002 e o Instituto Vasco Etxepare en 2010. Ambas institucións xestionan anualmente a través das achegas dos seus gobernos dun orzamento de dous millóns de euros para a internacionalizacións da súa lingua e cultura. No ano 2004 o BNG propuxera a creación dunha institución semellante para o noso país.