Home Programas Espazo Aberto ‘Eu quero Razo-Baldaio’, unha campaña para impulsar o turismo sustentable en Carballo

‘Eu quero Razo-Baldaio’, unha campaña para impulsar o turismo sustentable en Carballo

0
‘Eu quero Razo-Baldaio’, unha campaña para impulsar o turismo sustentable en Carballo

A campaña ‘Eu quero Razo-Baldaio’, enmarcada no proxecto ‘Eu quero a Carballo‘ abrirá o 3 de xullo da man dun programa de actividades enfocadas na promoción do turismo sustentable. Deste xeito, o litoral carballés será o protagonista dunha serie de actividades para todos os públicos que se desenvolverán ata finais de setembro contando coa colaboración das entidades naturalistas Senda Nova, Hábitat e Adega. Representantes dos tres colectivos, xunto co alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Obras e Servizos, Luis Lamas, participaron na presentación do cartel, que ten como lema “Coñecela para querela”.

A primeira acción, por exemplo, será a ruta “Segredos culturais da costa carballesa”, guiada por Senda Nova, que permitirá ás persoas participantes coñecer o patrimonio das nosas parroquias costeiras. Celebrarase o día 3 de xullo, de 10.30 a 13.30 horas, e poden participar persoas de calquera idade ata un máximo de 40. Todas as actividades serán de balde.