Estudantes solidarízanse co profesor investigado pola Guarda Civil por falar de Cataluña

Carta aberta en solidariedade co mestre do Porriño investigado pola Guardia Civil por ensinar en aulas imaxes da represión do 1-O en Catalunya

Estudantes de todo o campus da USC concentráronse diante da Facultade de Historia para solidarizarse co profesor porriñés investigado pola Garda Civil por ter introducido o debate dos acontecementos en Cataluña nas súas aulas.

A asemblea de Xeografía, Arte e Historia despregou unha faixa co lema “En solidariedade co pobo catalán” e procedeu á lectura dunha carta.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

O debate non é un delito

O estudantado denunciou persecución por parte da propia universidade ao seu dereito de liberdade de expresión nun espazo común como é a facultade e sinalou como “grave” que se actuara con celeridade cando noutros casos graves non se fixo o mesmo.

“Menos porras, máis mestres do Porriño”

Na carta o estudantado tamén denunciou o manifesto asinado hai uns días por 500 profesores universitarios españois pedindo que o Estado empregue a forza contra o pobo catalán.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -