Toda axuda é pouca para concienciar á sociedade sobre a lacra das violencias machistas. Unha semana despois da celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o alumnado de Maxisterio da USC decidiu pasar á acción e aportar o seu gran de area. Baixo a supervisión do mestre de Socioloxía da Educación, Jorge García Marín, levaron a cabo unha serie de performance artísticas como denuncia contra a violencia de xénero.

Despois dunha primeira posta en escena na Praza do Obradoiro, as estudantes desprazáronse a Galeras, Quintana ou Praterías, e finalizaron a xornada cunha última acción fronte ó edificio da Xunta de Galicia.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -