O Salón de Plenos de Compostela acolleu este martes un evento pouco frecuente. As concelleiras e c oncelleiros cederon as súas cadeiras ao alumnado de 6º de Educación Primaria do CEIP de Vite, que protagonizou un debate municipal baseado na defensa da paz e os dereitos humanos.
Máis actos de celebración do Día da Paz en Compostela
A rapazada de Vite protagoniza o Pleno Infantil
As e os estudantes, divididos en seis grupos, formularon as súas preguntas á corporación municipal, presidida polo alcalde, Martiño Noriega. Ao igual que acontece nos plenos ordinarios, os voceiros da oposición tiveron tamén a oportunidade de entrar en escena.
Os líderes de PP, PSdeG e BNG sinalaron a “igualdade de oportunidades” como elemento fundamental para conseguir a paz, ao tempo que admitiron, nun ton distendido, que no Salón de Plenos hai diversidade de opinións e moitas veces hai lugar a debates e discusións políticas.
Ao comezo do acto, dous dos estudantes do CEIP de Vite, Idalina e Alén, quixeron lembrar ante a corporación municipal a historia de Wangari Maathai, activista política keniana galardoada co Premio Nobel da Paz en 2004 pola súa contribución ao desenvolvemento sustentábel.