As funcións de “A Cabeza de dragón”, a primeira obra de Valle-Inclán en galego, serán os días 3,4,5,9,10 e 11 de marzo, ás 20.30 horas, no Teatro Principal. A historia conta a viaxe ao corazón do dragón que se narra en tódalas culturas do mundo. Os elementos que se abordan van desde a crítica social ata comentarios alleos á tradición do conto marabilloso. No acto estivo presente o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, que fixo fincapé na necesidade de reivindicar a peza.
Acompañou ao alcalde o director de AGADIC, Jacobo Sutil. Este puxo de manifesto que, neste intre, asistimos á “reparación dunha anomalía”, xa que ata agora non se podía representar a Valle-Inclán en lingua galega.
O director Quico Cadaval rematou a quenda de intervencións facendo un resumo temático da obra. Indicou que, aínda que se trata dun conto infantil, na peza podemos observar problemáticas actuais como, por exemplo, a violencia.
Esta primeira versión de “A cabeza do dragón”, ten lugar no 80 aniversario da morte do autor. Será apta para tódolos públicos. O 9 de marzo, ademais, haberá un coloquio ao remate da función da man do director e dalgún membro artístico.