As sociedades antigas tiveron sempre enormes obxectivos colectivos. O entroido galego forma parte dun contexto ritual antigo e pan_europeo dentro do cal representa unha vizosa realidade de grande importancia para a comprensión da identidade dos pobos do continente.
Cada ano, con el, actualízanse un abano de acenos culturais que remiten cara un pasado remoto, estrano por fora salvaxe por dentro, compartido polas xentes de Europa, tal e como tamén acontece con outras manifestacións de amplo alcance.
O entroido condensa xestos culturais que, nun tempo formaron parte, dunha antiga ideoloxía de corte relixioso. Unha relixión sen centro, sen dogma, proteica e flexible.