O Concello da Estrada levará a cabo no mes de agosto catro xornadas dunha nova edición do Ciclo de Cine na Rúa desde o 7 ó 10 de agosto. As películas elixidas para esta ocasión son Mascotas, Maimiño e o espello máxico, Zipe e Zape y la isla del capitán e El Desafío; e proxectaranse ás 22.30 horas, con acceso gratuíto, nos xardíns municipais e na Praza do Mercado.
De seguido pódense ver os filmes, os horarios e os argumentos para este Ciclo de cine. Desde a organización lembran que en caso de choiva se buscará outra ubicación alternativa.
Película de animación de comedia dirixida por Yarrow Cheney e Chris Renaud. Será o día 7 ás 22.30 horas na Praza do Mercado.
Sinopse
Nun edificio de apartamentos de Manhattan, a vida de Max como mascota favorita corre perigo cando a súa dona trae a casa outro can chamado Duke, con quen Max pronto ten as súas diferenzas. Pero ambas mascotas teñen que deixar atrás a súa rivalidade cando se enteran de que un coello branco de nome Snowball está recrutando a un exército de animais domésticos que foron abandonados, decididos a vingarse de tódolos animais domésticos felices e dos seus donos.
2. Maimiño e o Espello Máxico
Filme de animación dirixido por Ernesto Padrón. Será o día 8 ás 22.30 horas nos xardíns municipais.
Sinopse
Relata a historia dun pequeno campesiño que desexa sacar a súa familia da miseria e marcha á cidade cos seus irmáns. Alí descobren que un enorme carballo encantado ten o palacio do rei na penumbra e sen auga e que o soberano prometeu outorgarlle o título de marqués e darlle a súa filla, a princesa Denise, en matrimonio, a quen consiga cortar á árbore e abrir o pozo.
Maimiño e o espello máxico é o único filme de animación infantil galego e en galego. Trátase dunha coprodución galego-cubana (Ficción Producciones e ICAIC de La Habana) e está baseada na adaptación que sobre o clásico de Pulgarcito escribiu o escritor cubano José Martí e que publicou en 1889 na revista La edad de oro.
3. Zipe e Zape y la isla del capitán
Comedia pensada para toda a familia está dirixida por Oskar Santos. Será o día 9 ás 22.30 horas na Praza do Mercado.
Sinopse
Chega o Nadal e Zipe e Zape volven liala. Nesta ocasión a trasnada é tan grande que os castigan sen vacacións e obrígaos a ir cos seus pais o que parece ser un aburrido viaxe en barco. Para a súa sorpresa, o destino é unha espectacular e remota illa. Unha terrible tormenta obrígaos a refuxiarse na mansión da divertida señorita Pam, onde nenos sen familia desfrutan dun paraíso sen regras. Axudados por Pipi, Maqui e Flequi, os irmáns descobren que a repentina desaparición dos seus pais en medio da noite garda relación co segredo que encerra a misteriosa illa e os seus estraños habitantes.
4. El Desafío
Dirixida por Robert Zemeckis é un drama baseado en feitos reais acontecidos nos anos 70. Será o día 10 ás 22.30 horas nos xardíns municipais.
Sinopse
Baseada nas memorias escritas por Philippe Petit (Joseph Gordon-Levit), un funambulista francés que no 1974 guiado polo seu mentor o Papa Rudy (Ben Kingsley) propúxose o reto nunca antes feito: recorrer sobre un cable o espazo que separaba as Torres Gemelas de Nova York.
Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, analizando a navegación no noso sitio web. Preme en "Aceptar" para dar o teu consentimento para o uso das cookies.
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.