No programa Volando Voy, dirixido por Jesús Calleja, non houbo unha imaxe veraz da problemática dos incendios no noso país. Así de claros se amosaron hoxe as e os axentes medioambientais e forestais perante as cámaras de Nós Televisión.
O masivo enfado do colectivo, manifestado durante a emisión en directo deste coñecido programa, explícase pola omisión da voz e do papel deste colectivo durante a tráxica vaga de lumes do pasado ano. Din, desde o propio colectivo, que en ningún momento deste exitoso programa se contou a realidade dos incendios forestais en Galicia. “Non foi unha imaxe veraz” resaltou hoxe un dos voceiros do colectivo.
Desculpas: “Somos conscientes de que sodes vós quen apagades os lumes”
Trala avalancha de críticas recibidas durante a emisión do programa, o propio Jesús Calleja “rectificou” e mandou unha mensaxe de recoñecemento cara a labor profesional das e do axentes medioambientais e forestais. “Puxemos o foco no desastre dos incendios e fáltanos tempo para todos os agradecementos” quixo resaltar o conductor do programa para xustificar a omisión do papel deste colectivo durante a emisión do programa