Esther Estévez, que volveu levar un Mestre Mateo á mellor comunicadora, estará este sábado no Rostros do País de Nós Televisión

A presentadora do Dígocho Eu, Esther Estévez, levou o Premio Mestre Mateo á mellor comunicadora por segundo ano consecutivo nunha gala marcada polos 12 galardóns ao filme ‘O corpo aberto’ de Ángeles Huerta.

Estévez estivo coa equipa de Nós Televisión no Rostros do País conversando sobre o primeiro Premio Mateo, que aínda non sabía que ía levar un segundo, sobre o ser galegofalante, a experiencia do Dígocho Eu, os venres negros e tamén sobre o seu futuro laboral. O programa emitirase este sábado no canal de Youtube de Nós Televisión ás 12 horas. 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego