A XXVI edición dos Premios de Publicidade en Galego, convocados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta coa colaboración da Cámara galega e do Foro Enrique Peinador, fixéronse entrega no Pazo do Hórreo distinguindo cinco proxectos en cadansúa categoría.

Na categoría de radio resultou gañador o traballo titulado “Benvidos Novos Larseiros!”, da empresa Larsa e a axencia BAP Conde.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

En televisión, o premio recaeu no traballo “Martín Códax, Fillo do Atlántico” da empresa Martín Códax e a axencia &Rosás.

O premio da categoría internet foi para o traballo titulado “Queixos HOXE”, da Cooperativa HOXE e a axencia Pío García Audiovisuais, S.L. Lito Andión, xerente da firma, recolleu e agradeceu o premio e afirmou que estes recoñecementos serven para dar maior promoción e divulgación a nosa lingua galega.

Na categoría de prensa escrita, o recoñecemento foi para o traballo “Martín Códax, Fillo do Atlántico”, da empresa Martín Códax e a axencia &Rosás.

Dentro da categoría centro educativo, resultou premiado o traballo “Stop_Bullyng”, do IES Leixa.

Valentín García: “O galego é capaz”

O secretario de Política Lingüística da Xunta, Valentín García, lembrou que a lingua galega sempre tivo na publicidade “un campo limitado” con respecto a outras linguas que se colocaban nunha situación dominante. Agora, “vimos a demostrar nos últimos anos que o galego é unha lingua capaz de marcar denominación de orixe” e iso xa o comezan a saber tamén as propias empresas.

 

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -