“Estes orzamentos do Estado afogan a Compostela”

O grupo municipal socialista lamenta a "falta de interese" do Goberno central na capital galega

A proposta orzamentaria presentada pola executiva de Mariano Rajoy “non ofrece solucións” para Compostela, unha cidade “esquecida” polo Estado dende a chegada do PP ao Goberno central. O voceiro municipal do PSdeG, Paco Reyes, critica unhas contas que “afogan” á cidade e deixan polo camiño moitas “promesas incumpridas” de Fomento.

 

Só o PP respalda a proposta orzamentaria do Estado

O descontento traspasa tamén as paredes do Parlamento galego. A deputada socialista Pilar Cancela non comparte a ledicia de Núñez Feijóo e cualifica os proxectos previstos para Galicia como “insuficientes”. O PSdeG súmase á corrente crítica protagonizada esta semana polo BNG e Compostela Aberta, xa que unicamente o PP local respalda os orzamentos do Estado, aínda pendentes de seren aprobados nun contexto de grande rexeitamento entre os principais partidos da oposición no Congreso, que os cualifican de “antisociais”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -