As históricas mobilizacións do 8 de marzo non fican no esquecemento, senón todo o contrario. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, valorou este venres a “capacidade de desborde” do movemento feminista durante a xornada de folga e mulleres, ao tempo que asegura que se abre un novo marco no que é preciso dar resposta ás “xustas reivindicacións” das manifestantes.
“Este xoves constatouse un berro unánime para mudar o statu quo”
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, celebra o éxito da folga feminista