Este sábado, 20 de marzo, transcorrerá na Casa de Rosalía de Padrón a gala do #DíadosMediosenGalego, unha data que nos serve de nexo de unión entre os 140 medios que comunicamos na nosa lingua.
A celebración constará dun formato #LateNight, presentado por Fede Pérez Rei, que se emitirá en directo ás 18:00h, dende a Casa de Rosalía de Padrón, polas nosas canles de Youtube, Facebook e Twitch. En Nós Televisión, no 119 de R, emitirémolo o domingo a partir da 21.30 horas, despois do noso semanal Espazo Aberto.