Sensibilizar sobre as agresións e o acoso no transporte urbano e facer dos espazos públicos lugares seguros, é a finalidade da nova campaña impulsada polo Goberno de Santiago, incluida dentro das accións desenvolvidas polo 25N e o 8M. A Concelleira de Igualdade, Marta Lois, presentou os cartaces instalados en todos os autobuses, que proprcionan pautas para actuar en caso de sufrir ou ser testigo dalgún tipo de violencia machista.
“Este autobús é un espazo libre de violencias machistas” son as verbas que se poden ler en todos os autobuses a partir do 25 de marzo, xunto o número da Policía Local e un chamamento a actuar en caso ver algun acoso ou agresión. En palabras da Concelleira, a finalidade é conseguir que “o conxunto da cidadanía protexa os espazos públicos e sexan libres de violencias machistas”.
Facer que as denuncias cheguen ás autoridades e non só se queden nas redes sociais, ou instar a que sexan os vitimarios os que teñan que abandoar o transporte e non as vítimas, son algunhas das situacións que esta campaña tenta mudar. Por isto mesmo, a empresa TUSSA e os propios condutores e condutoras dos autobuses colaboran co Concello. Conseguir involugrar ao groso da poboación e espertar a responsabilidade social é vital para facer dos espazos públicos lugares seguros.