As líderes políticas galegas e candidatas ao Congreso, como Néstor Rego ou Yolanda Díaz, xa exerceron o seu dereito ao voto e lanzaron senllos mensaxes nas súas redes sociais. É o caso de Ana Pontón, a voceira nacional do BNG sostivo que “votei lembrando ás que loitaron porque as mulleres tiveramos dereito a voto”.

- Publicidade -

O candidato de En Común – Unidas Podemos, Antón Gómez-Reino, tamén acudía ás urnas pasado o mediodía.

Dende Anova, pronunciouse Martiño Noriega que exerceu o seu voto “para que non nos rouben o pouco que conquistamos para as máis”.

“Cada voto decide, e o teu voto pode decidir o goberno”. Así o sostiña Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG, que votou na cidade de Vigo.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, foi votar acompañada do alcalde de Vigo, Abel Caballero.

Dentro das filas do PPdeG, Alfonso Rueda chamaba a ir a votar da man da mensaxe “nos jugamos el futuro”.

Miguel Tellado, o portavoz do PPdeG, escolleu o hashtag #España para acompañar a súa mensaxe nas redes sociais.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego