“Estamos desbloqueando grandes infraestruturas que o PP tiña bloqueadas na anterior lexislatura… eles estaban a outras cousas”

O líder de Compostela Aberta responde ás críticas de Agustín Hernández de non dar "ningún paso adiante" a favor da estación Intermodal, unha cuestión que desminte Noriega

Agustín Hernández, voceiro do PP de Santiago, criticaba este luns a “total opacidade” sobre os avances do Concello no tocante ás obras da estación Intermodal: “Existen dous ritmos de traballo, o da Xunta e o Ministerio e o do Goberno de Martiño Noriega”, expresou o concelleiro popular sobre esta cuestión.

- Publicidade -

Martiño Noriega acusa ao PP de non saber desbloquear “asuntos históricos” na súa lexislatura

Pola súa banda, o alcalde tivo a oportunidade de responder a Hernández este martes, nunha intervención na que garantiu que o consistorio está a traballar “produtivamente” coas demais Administracións. Asemade, Noriega considerou que hai un clima de “nervios” e “tensión” na cúpula do Partido Popular local porque, durante o seu mandato, “non soubo desbloquear asuntos históricos coma este”.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego