Home Nós Televisión Estamos de estrea!

Estamos de estrea!

0

Logo de ampliar a nosa programación semanal, en Nós Televisión mudamos a nosa pel. Na mañá de hoxe vimos de presentar unha completa reformulación da nosa imaxe gráfica e do noso enderezo na rede e supón primeiro paso dentro cambios previstos na nosa televisión.

Vimos de presentar un completo lavado de cara: logotipo, cores, tipografías e deseño web. Queremos adaptar a nosa marca ás novas tendencias e á evolución dos gustos para reposicionar a nosa televisión.

Cambio de imaxe gráfica

novo-logoPresentamos un logotipo cun estilo moito máis claro, directo e colorido. Un paso adiante na nosa marca. Apostamos por simplificar a nosa imaxe corporativa para posibilitar unha identificación da nosa televisión sen ver necesariamente a marca, mediante un código visual claro e definido. Estamos ante o elemento principal da construcción da nosa nova marca.

Nova páxina web

Desde NÓS Televisión apostamos por un novo enderezo na rede (www.nostelevision.gal), moito máis atractivo, simple e organizado. Queremos facilitar á cidadanía galega a visualización tanto dos contidos que producimos como dos producidos por terceiros. Queremos que este novo enderezo na rede sexa un espazo común dos contidos audiovisuais producidos na nosa lingua

O novo deseño web destaca por un importante coidado pola tipografía, polo emprego de cores e pola optimización da web a todos os dispositivos móbiles