Estación Intermodal ‘Daniel Castelao’?

O Bloque local proporá no pleno municipal que a vindeira estación intermodal de Santiago leve o nome do histórico político nacionalista

A portavoz municipal do BNG, Goretti Sanmartín Rei, defenderá no vindeiro Pleno unha moción para designar co nome de ‘Daniel Castelao’ a estación intermodal de Santiago de Compostela; cuxas obras xa comezaron a materializarse no pasado 2018.

Lembran desde o BNG local que Daniel Castelao, cando foi deputado nas Cortes do Estado, fixo unha especial defensa da necesidade de mellora do ferrocarril. “Por isto e por ser Castelao un político nacionalista destacadísimo, un exemplo a seguir e unha persoa que entregou todo por amor ao noso país, pensamos que é acaído que a estación intermodal de Santiago de Compostela reciba o seu nome”, resaltou a voceira municipal do Bloque ao tempo que explicaba que esta cuestión xa se lle deu traslado tamén ao presidente da Fundación Castelao.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Así, o Bloque vai máis alá e propón tamen que se aproveiten as obras para integrar xa no deseño a característica tipografía e a obra gráfica de Castelao para converter a Intermodal nun futuro “espazo expositivo permanente” e que contribúa a dar a coñecer a traxectoria cultural e política do dirixente nacionalista.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -