“Esta estratexia do PP é infame”

Xulio Ferreiro tamén nega tratos de favor no Concello da Coruña: "Contratamos con centos de empresas cada ano e alí haberá familiares de todo o mundo. Isto é unha estratexia de persecución”

- Publicidade -

As investigacións desde as cloacas impulsadas polo Partido Popular de Santiago e que vinculan contratos concedidos polo goberno municipal de Santiago a “amigos e familiares” de Compostela Aberta tamén salpicaron ao Concello da Coruña.

Ferreiro, ante as cámaras de Nós Televisión, sae ao paso das acusacións vertidas polo grupo popular da Coruña que lles acusa de beneficiar a empresas afíns a familiares de membros do equipo de goberno de Compostela Aberta. As denuncias do PP, amplificadas polos medios máis conservadores do panorama estatal, pretenden vincular contratos por cantidades económicas ridículas cunha suposta trama de enchufes que benefician, especificamente, ás edís compostelás Marta Lois e Noa Morales así como tamén do propio alcalde da cidade, Martiño Noriega.

“Queren homologar os seus comportamentos de partido corrupto”, así define o rexedor coruñés a estratexia pautada polo Partido Popular tanto en Compostela como na Coruña, que pretende asociar a contratación de dúas empresas culturais, Apiario Editorial e 7 h Cooperativa Cultural, a supostos tratos de favor por ser estas afíns a algúns dos integrantes do goberno de Compostela Aberta.

- Publicidade -