“Esta é unha sentenza máis das que vimos recibindo nos últimos anos pola mala praxe dos gobernos do pasado”

Noriega confirma que o Goberno municipal recorrerá a sentenza e responsabiliza aos gobernos municipais anteriores pola incorrecta adxudicación do contrato nos 2012

O servizo da ORA e o guindastre continúa a xerar polémica. O Concello de Compostela acaba de recibir unha sentencia acorde á cal lle ten que pagar unha indemnización de 620.000€ á empresa Doal, pola adxudicación irregular do contrato de xestión. Antes estes feitos, o alcalde de Compostela Martiño Noriega quixo aclarar que nin o Concello nin o proceso de municipalización son os culpables desta situación.

O alcalde da cidade quixo resaltar esta mañá que a sentenza Esta tería sido en 2012, á empresa Setex Aparki SA, que non cumpría cos requisitos do concurso, polo que se rescinde o contrato tres anos máis tarde. É neste momento cando á empresa Doal se lle ofrece adxudicarlle o servizo, pero négase baixo o pretexto de que as características xa non son as mesmas, e comeza unha proceso reclamación polos dereitos e o tempo perdidos que deu lugar á actual sentencia.

Sentenza que o goberno municipal de Compostela Aberta recorrerá por entender que a filiar do grupo Vendex non merece ser indemnizada e si se poderían ter feito cargo do servizo.

Ademais, Noriega tamén quixo facer fincapé en que sentenza pola incorrecta adxudicación deste servizo no 2012 tamén se debe sumar os outros fallos con custos millonarios que o Concello de Santiago veu recibindo durante os últimos anos. Entre eles destacan a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que obrigou a pagarlle 1,5 millóns de euros á empresa adxudicataria da construción do parque comarcal de bombeiros de Salgueiriños ou as  sentenzas polos erros na liquidación do transporte urbano do periodo 2007-2011, entre outros exemplos.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego