“Esta consulta é unha vitoria do PP”

Sigrid Campo, integrante de Compostela Aberta e asinante do Manifesto "Coidando a Unidade", conversa con Nós Televisión

Poucos días despois de presentarse o manifesto Coidando a Unidade, máis de 700 persoas suscribiron o documento que chama a non participar na consulta interna de En Marea sobre o “futuro” da deputada Paula Quinteiro.

- Publicidade -

A activación dunha consulta ás bases por parte da Coordinadora de En Marea non é un procedemento estatutario aplicable neste caso

Integrantes dos gobernos municipais da Coruña ou de Santiago, así como unha numerosa representanción de mareas locais de todo o país, asinaron este chamamento no se que denuncia que a consulta “carece de todas as garantías” e que “deixa en suspenso os valores democráticos” de En Marea.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego