Esquerda Unida recibiu novas de que a Fiscalía non investigará as denuncias interpostas polo partido á Fundación Nacional Francisco Franco, por presuntos delitos de odio e de negación de crimes de lesa humanidade.
As dúas denuncias foron interposta logo das “declaracións da Fundación Francisco Franco nos medios e nas redes sociais que ao noso entender facían apoloxía do rexime” explica a Coordinadora Xeral de Esquerda Unida, Eva Solla, “e ademais vanalizando os crimes do franquismo“.
Dende o partido esperan resposta oficial da Fiscalía xa que a única información dispoñible ata agora foi difundida polos medios, pero de ser así valoran moi negativamente “perpetuar a impunidade do rexime franquista e daqueles que fan apoloxía do propio rexime“, como comenta a Coordinadora Xeral.
“É impensable noutros lugares de Europa que se faga apoloxía dun rexime que asasinou a milleiros de persoas”, quixo engadir Eva Solla, “e que exista unha asociación adicada a enxalzar a figura do ditador“, engadiu.