A coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, analizou esta mañá nunha rolda de prensa o informe que o Consello de Contas presentou de fiscalización do concerto do Sergas co Hospital Povisa de Vigo e destacou a redución de camas no hospital novo de Vigo “para así favorecer o concerto con Povisa”.

Esquerda Unida tamén se focaliza no incremento da temporalidade no persoal do Sergas: “o 40% dos profesionais da atención especializada e no 28´1% da atención primaria teñen contratos temporais”, asegura Solla. Por iso, a coordinadora nacional de Esquerda Unida esixe que a Xunta “se disculpe con todos os profesionais do Servizo Galego de Saúde” e saque “as prazas de emprego necesarias”.

A análise global que Esquerda Unida fai sobre a situación actual da sanidade pública galega é clara: “a nosa sanidade está en mans de fondos de especulación privados”, di Solla, ademais de denunciar que multinacionais coma Medtronic teñen poder para “xestionar datos do Sergas e son elas as que deciden que maquinaria mercar”.

- Publicidade -