A coordinadora nacional de Esquerda Unida denunciou este venres o “silencio cómplice” da Xunta coa maior trama de prostitución de Galicia, o Caso Carioca. Eva Solla tamén esixiu mudanzas na lei de violencia de xénero para, entre outras, incluir unha maior protección das e dos menores de idade.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Precisamente, as violencias contra os menores protagonizará os actos que a organización levará a cabo o 25 de novembro, Día Internacional pola Erradicación da Violencia de Xénero. En concreto, o día 28 realizarán un acto na Coruña para tratar o tema da violencia dirixida contra os e as menores en casos de pais separados por casos de malos tratos. Solla confirmou que EU participará en todas as mobilizacións destas datas convocadas polo movemento feminista, mentres que reivindicou que en España non existan normas “que amparen o dereito superior dos menores” ante este tipo de casos.

Pacto de Goberno

A dirixente de Esquerda Unida tamén tivo palabras para o preacordo de goberno entre Pablo Iglesias e Pedro Sánchez.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -